Funcionaria dos corpos Superior da Administración da Xunta de Galicia e de Xestión da Xunta de Galicia, dende o ano 1993.
Comezou a súa carreira administrativa na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas como asesora técnica xurídica, pasando a continuación a desenvolver cargos na Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.
No ano 1996 pasa a prestar servizo na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, primeiro en persoal e promoción estudantil e logo nas xefaturas de servizo de programación, contratación e equipamento.
Tamén ostentou responsabilidades de apoio técnico e administrativo na Xunta Consultiva de Contratación Administrativa de Galicia da Consellería de Facenda.
De 2009 a 2013 desempeñou o posto de subdirectora xeral de construcións e equipamento da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Desde o 1 de febreiro de 2013 é responsable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.