CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA - Xefe de gabinete de comunicación da Consellería de Economía, Emprego e Industria

Rubén García Martínez

Naceu en Santa Coloma de Gramenet (Barcelona) en 1982. Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela.

Xefe de comunicación da Consellería de Economía, Emprego e Industria desde marzo de 2017. Con anterioridade, formou parte do equipo de comunicación desta Consellería, desde marzo de 2016.

Traballou no departamento de comunicación do Concello da Coruña entre os anos 2011 e 2015.

Iniciou a súa traxectoria profesional en distintos medios, como La Opinión, entre 2005 e 2011, e La Voz de Galicia, en 2004.