Patricia Argerey Vilar

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA - Directora da Axencia Galega de Innovación

Patricia Argerey Vilar

Naceu en Lugo en 1977. É licenciada en Economía pola Universidade CEU San Pablo de Madrid; máster en Estudos Políticos Aplicados, pola Fundación Internacional e para Iberoamérica de Administración e Políticas Públicas; e doutora en en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid.

  • Marzo 2003 – outubro 2004: coordinadora de Proxectos de I+D, Instituto Universitario de Estudos Europeos da Universidade CEU San Pablo, Madrid
  • Outubro 2004 – setembro 2009: secretaria xeral do Instituto Universitario de Estudos Europeos da Universidade CEU San Pablo, Madrid
  • Outubro 2004 – setembro 2009: profesora da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade CEU San Pablo, Madrid
  • Outubro 2008 – setembro 2009: profesora titular da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade Complutense de Madrid
  • Setembro 2009 – xaneiro 2013: asesora do Gabinete do Presidente da Xunta de Galicia
  • Xaneiro 2013 - decembro 2016: xefa do Gabinete do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia