José Alfonso Marnotes González

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA - Director xeral de Orientación e Promoción Laboral

José Alfonso Marnotes González

Naceu no Carballiño en 1971. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e Máster en Dereito das Administracións e Institucións Públicas pola Universidade de Santiago de Compostela, diplomado en Dereito Comunitario Europeo, experto en Urbanismo e Ordenación do Territorio pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Planeamento e Xestión urbanística pola Escola Galega de Administración Pública, entidade na que tamén obtivo o Diploma de Directivo da Xunta de Galicia.

Funcionario de carreira do Corpo Superior de Administración da Xunta de Galicia e técnico de Administración Local.

Entre 2000 e 2009 exerceu como técnico e secretario do Concello de Cangas.

Ata o ano 2013 foi secretario do padroado da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

Secretario do Pleno do Consello Galego de Economía e Competitividade dende a súa creación en maio de 2015.

Desde xullo de 2009, ata o 22 de outubro de 2015, foi vicesecretario xeral da Consellería de Economía e Industria.