CONSELLERÍA DE FACENDA - Secretario Xeral do Consello Económico e Social de Galicia

Juan José Gallego Fouz

Naceu en Lugo en 1955. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Realizou dous máster en Comunidades Europeas, pola Universidade San Pablo-CEU e polo Instituto de Estudios Europeos y Derechos Humanos “Benedictus a Nursia-René Cassin” da Universidade Pontificia de Salamanca. Tamén é diplomado en Dereito Comunitario (Escuela de Práctica Jurídica da Facultade de Dereito da Universidade Complutense de Madrid), en Comunidades Europeas (Ministerio de Asuntos Exteriores. Escuela Diplomática) e en Dereito agrario (Asociación Española de Derecho Agrario). Realizou tamén o curso Superior de Dereito Contencioso Administrativo (Escola Galega de Administración Pública) e o de especialización en Dereito Sanitario (Universidade da Coruña- Fundación Junior´s-Centro de Altos Estudos de Galicia). Ten o diploma de Directivo da Xunta de Galicia (Escola Galega de Administración Pública).

Pertence ao Corpo de Letrados do Consello Consultivo de Galicia e á Escala de Letrados da Xunta de Galicia. Ingresou tamén na Escala Técnica de Organismos Autónomos do Estado na que iniciou a súa carreira profesional en Madrid, no Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Tamén traballou como “stagiaire” na Comisión Europea en Bruselas, na Dirección Xeral de Competencia.

Como Letrado da Xunta foi asesor xurídico na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e na de Economía e Facenda, na que tamén foi Secretario do Tribunal Económico-Administrativo da C.A. de Galicia.

É ademais autor de diversos artículos en revistas xurídicas.

Ocupou o cargo de Secretario Xeral do Consello Consultivo de Galicia no período 2000-2009 e na actualidade, e desde o ano 2011, desempeña o cargo de Secretario Xeral do Consello Económico y Social de Galicia.