María Corina Porro Martínez

CONSELLERÍA DE FACENDA - Presidenta do Consello Económico e Social de Galicia

María Corina Porro Martínez

Naceu en Ferrol en 1953. É diplomada en Enfermería pola Universidade de Santiago de Compostela.

Enfermeira no Hospital Xeral de Vigo.

Persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, traballou na gardería infantil de Relfas, Moledo, Vigo.

Concelleira de Benestar Social, Sanidade e Consumo no  Concello de Vigo (1995-1999).

Directora Xeral na Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia  (1999-2001).

Deputada polo Partido Popular no Parlamento de Galicia  (2002-2003).

Conselleira de Asuntos Sociais (2001-2003).

Alcaldesa de Vigo desde 2003 ata 2007.

Vicepresidenta da Deputación de Pontevedra en dous mandatos, nas áreas de Cultura e de Vigo.

Senadora nas Cortes Generales en 2 períodos distintos: 2004 - 2006, designada pola Comunidade Autónoma de Galicia, e 2008 a 2009.

Presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo (2009-2011).

Desde xullo de 2011 ata a actualidade é presidenta do Consello Económico e Social de Galicia.