Miguel Corgos López-Prado

CONSELLERÍA DE FACENDA - Director xeral de Planificación e Orzamentos

Miguel Corgos López-Prado

Naceu na Coruña en 1971. É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais -especialidade Económicas. Economía financeira - pola Universidade da Coruña (UDC). Tamén máster en Administración Financiera e Tributaria pola UDC e máster en Auditoría de Contas (UDC-REA). Realizou o curso da escala superior de finanzas na especialidade de intervención (Xunta de Galicia), o de escala superior de finanzas na especialidade de inspección e xestión tributaria (Xunta de Galicia) e ten o Diploma de directivo da Xunta de Galicia (Escola Galega de Administración Pública). 

Funcionario en prácticas da escala superior de finanzas na Intervención Xeral da Comunidade Autónoma da Consellería de Facenda (15/10/2000).

Xefe de servizo relacións co Consello de Contas. Intervención Xeral da Comunidade Autónoma. Consellería de Facenda (04/02/2002).

Xefe de servizo de control financeiro en entes públicos. Subdirección Xeral de Control Financeiro Permanente. Intervención Xeral da Comunidade Autónoma. Consellería de Facenda (10/05/2003).

Subdirector xeral de Control Financeiro Permanente. Intervención Xeral da Comunidade Autónoma. Consellería de Facenda (29/10/2005).

Subdirector xeral de Control Orzamentario. Dirección Xeral de Orzamentos. Consellería de Facenda (06/10/2007).

Director xeral de Orzamentos. Consellería de Facenda (23/04/2009)

Director xeral de Planificación e Orzamentos da Consellería de Facenda desde decembro de 2012.