Ovidio Rodeiro Tato

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA - Delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña

Ovidio Rodeiro Tato

Naceu en Boqueixón en 1972. Diplomado en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Máster en Xerontoloxía Social pola USC e en Prevención de Riscos Laborais pola Universidade de Vigo.

Foi concelleiro de Cultura, Deportes e Xuventude do Concello de Boqueixón entre 1999 e 2003. Posteriormente, no mesmo Concello, desempeñou os cargos de primeiro tenente de alcalde (con competencias en obras e urbanismo) entre 2007 e 2009; e de primeiro tenente de alcalde (con competencias en coordinación sociocultural, persoas maiores e xuventude) entre 2003 e 2007.

Director xeral de Xuventude e Voluntariado entre 2009 e 2015.

Alcalde de Boqueixón desde 2015 ata novembro de 2016.