Jesús María Gamallo Aller

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA - Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

Jesús María Gamallo Aller

Naceu en Santiago de Compostela en 1961. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Cursou estudios correspondentes ao terceiro ciclo durante os cursos académicos 1986-87 e 1988-89 no programa de doutoramento “Dereito Autonómico e Comunitario Europeo”, cun total de 32 créditos. Foi bolseiro de Formación do Persoal Investigador (F.P.I.) por Orde Ministerial (BOE 9-1-1988) e Investigador no Instituto Universitario Europeo de Florencia, baixo a dirección e titoría do profesor Renaud Dehousse (curso 1990). Está en poder do Diploma Directivo da Xunta de Galicia desde 1997. Fala galego, inglés, francés, italiano e portugués.

Foi profesor-colaborador do Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) do Ministerio de Administracións Públicas.

É funcionario do Corpo Superior da Administración da Xunta de Galicia por Resolución do 27 de xaneiro de 1993 (Diario Oficial de Galicia do 29 de xaneiro de 1993).

Foi Secretario Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior (1999-2005). Ocupou o cargo de Xefe de Sección Xurídica no Servizo Técnico-Xurídico da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Realizou labores de Coordinador da Comisión de Relacións Exteriores do Partido Popular de Galicia desde xaneiro de 2007 e desde o 16 de xuño de 2007 ata abril de 2009 exerceu como concelleiro do Grupo Municipal Popular no concello de Santiago de Compostela, encargado do seguimento das áreas de turismo, cooperación exterior, emigración e inmigración.

Desde abril de 2009 é Director xeral de Relacións Exteriores e coa UE e Director da Fundación Galicia-Europa.