Luis Menor Pérez

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA - Director xeral de Emerxencias e Interior

Luis Menor Pérez

Diplomado en Educación pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Licenciado en Dereito pola Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). Diplomado en Estudos avanzados, na especialidade de Dereito Penal. Máster en Dirección e Xestión de Persoal pola UDIMA.

Ingresou como funcionario na Administración de Xustiza (axente xudicial) en 1987.

Oficial da Administración de Xustiza (1992).   

Secretario xudicial (2009).

Xefe territorial da Presidencia en Ourense (2009).

Secretario territorial da Delegación da Xunta en Ourense (2010).   

Director xeral de Emerxencias e Interior e Director xeral da AGASP desde novembro de 2014.