María del Mar Pereira Álvarez

PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA - Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

María del Mar Pereira Álvarez

Naceu en Vigo en 1967. Licenciada en Física pola Universidade de Santiago de Compostela. Cursou o máster de Economía e Xestión da Saúde na Universidade de Santiago de Compostela, posúe o diploma de directivos da Xunta de Galicia e é funcionaria do Servizo Galego de Saúde como membro do corpo superior de tecnoloxías da información e a comunicación.

Desde 1990 a 1995 desenvolveu a súa actividade profesional en empresas do sector das Tecnoloxías da Información. Dende 1995 ata o 2004 traballou na Consellería de Sanidade  como responsable técnico en diferentes proxectos. Nos anos 2004-2005 foi directora de Organización e Sistemas do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Dende febreiro de 2005 ata o 2009 foi subdirectora xeral de Información e Servizos Tecnolóxicos na Consellería de Sanidade.

En abril de 2009 foi nomeada Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica dependente da Presidencia da Xunta de Galicia accedendo, en xuño de 2010, á Presidencia da empresa pública Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

En marzo de 2012, coa creación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pasou a ocupar o cargo de directora da Axencia, posto que desempeña na actualidade.