Lucas Martinón Torres

PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA - Director xeral de Comunicación

Lucas Martinón Torres

Naceu en Ourense en 1980. É periodista, licenciado en Periodismo da Universidade Pública Rey Juan Carlos e con estudos de Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela.

Colaborou co actual presidente da Xunta de Galicia desde 2005, como redactor de gabinete de prensa da Vicepresidencia primeira e Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; e posteriormente como xefe de Comunicación do presidente da Xunta desde o ano 2009.

Con anterioridade publicou traballos periodísticos en diferentes medios de comunicación.

Desde febreiro de 2013 é director xeral de Comunicación.