Mar Sánchez Sierra

PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA - Secretaria xeral de Medios

María del Mar Sánchez Sierra

Naceu en A Coruña no ano 1969. É licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Navarra.

Durante os anos de carreira traballou na empresa Norsan, S.L. e no xornal La Voz de Galicia. Ademais, estivo encargada da comunicación das Xornadas Europeas da Xuventude, celebradas en Santiago de Compostela.

Traballou no gabinete de prensa do Instituto Galego da Vivenda e Solo e foi responsable de comunicación no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela; da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais; do Ministerio de Sanidade; de Correos e da Vicepresidencia primeira e Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta. Foi conselleira, a proposta do Grupo Parlamentario Popular, do Consello de Radio Televisión de Galicia. Desde 2009 exerceu como directora xeral de comunicación da Xunta de Galicia. 

Desde febreiro de 2013 é secretaria xeral de Medios.