Toma de posesión de María Victoria González Vázquez

CONSELLERÍA DE FACENDA - Directora xeral da Axencia Tributaria de Galicia

María Victoria González Vázquez

Naceu en Santiago de Compostela en 1973. É licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1997. Rematado o período de docencia previo ao de investigación do Doutoramento en Dereito Tributario na UNED (Madrid).

Funcionaria de carreira da Escala Técnica de Finanzas da Xunta de Galicia desde outubro do 2001, especialidade en Inspección e Xestión Financeira e Tributaria e en posesión do diploma da especialidade Contabilidade e Intervención desde maio de 2005.

Funcionaria de carreira da Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia desde outubro de 2009, especialidade en Inspección e Xestión Financeira e Tributaria e en posesión do diploma da especialidade Contabilidade e Intervención desde novembro de 2012.

Desempeñou os seguintes postos na Xunta de Galicia:

  • Xefa de Sección de Información ao Contribuínte na Delegación da Consellería de Economía e Facenda en Pontevedra (marzo 2002- febreiro 2003)
  • Xefa de Sección de Recursos e Procedementos Executivos na Dirección Xeral de Tributos en Servizos Centrais da Consellería de Economía e Facenda (febreiro 2003 - xullo 2006)
  • Xefa do Servizo de Asesoramento Tributario na Dirección Xeral de Tributos en Servizos Centrais da Consellería de Economía e Facenda (xullo 2006 - decembro 2012)
  • Xefa do Departamento de Auditoría e Calidade na Axencia Tributaria de Galicia (xaneiro 2013 - marzo 2013)
  • Xefa da Área de Colaboración Social, Información e Asistencia na Axencia Tributaria de Galicia (marzo 2013 - agosto 2015)