Ordenación prevista para o solo

No portal Información urbanística de Galicia móstrase a información do estado do planeamento urbanístico dos concellos de Galicia, tanto do planeamento xeral como o de desenvolvemento, así como aqueles plans anulados por sentenza ou suspendidos por decreto.

No portal da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio tamén están dispoñibles as directrices de ordenación do territorio (incluíndo información sobre a súa historia, posibilidade de descarga dos documentos, descrición dos procesos que se seguen para a súa elaboración...).

Frecuencia de actualización: continua

Resultoulle útil a información?