Órgano ou entidade tramitadora:
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Departamento:
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Inicio da tramitación: 21/06/2016
Data da publicación no DOG: 01/12/2016
Obxecto:
regular a ordenación das ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais na Comunidade Autónoma de Galicia que será de aplicación nos centros públicos do ámbito territorial de competencia da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos que se impartan ditas ensinanzas, en calquera das súas especialidades.
Establecer os procedementos que desenvolvan o previsto nas normas básicas de referencia, ao obxecto dunha correcta organización académica nos centros que imparten estas ensinanzas desenvolvendo no seu contido o acceso e admisión ás ensinanzas, a matrícula, a promoción e permanencia, o recoñecemento de créditos ECTS, a mobilidade académica do alumnado, a planificación académica, a avaliación e cualificación do alumnado, o traballo de fin de estudos e as prácticas externas asociadas a estas ensinanzas.
Estado actual:
Aprobada e publicada no DOG