Decreto 109/2017, do 28 de setembro, polo que se establece o currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes aos títulos de técnico deportivo en Piragüismo de Augas Bravas, técnico deportivo en Piragüismo de Augas Tranquilas e técnico deportivo en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Inicio da tramitación: 17/06/2016

Data da publicación no DOG: 20/11/2017

Obxecto:

establecer o currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes aos títulos de técnico deportivo en Piragüismo de Augas Bravas, técnico deportivo en Piragüismo de Augas Tranquilas e técnico deportivo en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas, que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando a súa identificación e organización; o perfil profesional; o ámbito profesional, persoal e laboral; a estrutura das ensinanzas do ciclo; o acceso ao ciclo; os requisitos do profesorado e a súa vinculación a outros estudos.

Posibilitar a capacitación dos/das futuros/as técnicos/as deportivos/as en piragüismo para o desenvolvemento das súas funcións, a través da adquisición e perfeccionamento das competencias profesionais propias da modalidade e conseguir unha formación completa, cun equilibrio entre o carácter teórico e práctico, de maneira que o proceso de formación se vincule á realidade social no ámbito deportivo do piragüismo.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG