Decreto 103/2017, do 7 de setembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Ebanistaría Artística

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Inicio da tramitación: 17/06/2016

Data da publicación no DOG: 24/10/2017

Obxecto:

establecer o currículo, que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia, para as ensinanzas do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Ebanistería Artística, pertencente á familia profesional artística de Escultura, sinalando os seus obxectivos, as súas competencias e os seus contidos.

Garantir unha formación artística ao alumnado permitíndolle acadar criterios estéticos para afrontar a labor de creación inherente a todo proceso proxectual, e valorar obxectivamente o patrimonio artesanal e artístico existente e a obra allea; e por outra banda, facilitarlle a adquisición dos coñecementos científicos e tecnolóxicos, e as capacidades e habilidades que lle permitan non soamente a súa incorporación á vida laboral activa, senón tamén afrontar, con garantías de eficiencia, a necesaria adaptación ás modificacións técnicas e sociolóxicas que se producirán ao longo da súa vida activa, atendendo as demandas cambiantes do sistema produtivo.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG