Órgano ou entidade tramitadora:
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia - Amtega
Departamento:
A Presidencia da Xunta - Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Inicio da tramitación: 06/05/2016
Data da publicación no DOG: 23/09/2016
Obxecto:
Aprobar a Guía de especificacións das infraestruturas de telecomunicacións na Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico de Galicia.
Tal e como establece o artigo 5 do Decreto 11/2016, as características das infraestruturas de telecomunicacións e dos elementos que as conforman definiranse na Guía de especificacións das infraestruturas de telecomunicacións, que incluirá criterios de deseño e dimensionamento das infraestruturas de telecomunicacións, especificacións técnicas dos elementos das infraestruturas, requisitos de instalación,procedementos de verificación, e documentación técnica necesaria, podendo incluír tamén outras indicacións con carácter de recomendación.
Estado actual:
Aprobada e publicada no DOG