Decreto polo que se modifica o Decreto 63/2018, do 31 de maio, polo que se regula a composición e funcionamento da Comisión Galega de Control da Violencia e o procedemento sancionador na materia

Órgano ou entidade impulsora: Secretaría Xeral para o Deporte

Departamento: A Presidencia da Xunta - Secretaría Xeral para o Deporte

Estado actual: Consulta pechada

Prazo no que estivo aberta a consulta: 04/03/2019 - 18/03/2019

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    O Decreto 63/2018, do 31 de maio, polo que se regula a composición e funcionamento da Comisión Galega de Control da Violencia e o procedemento sancionador na materia, foi publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 114, do 15 de xuño de 2018, e cómpre facer modificacións no texto.

  • Problemas que se pretenden solucionar:

    Dar participación, na Comisión Galega de Control da Violencia, ao colectivo dos clubs deportivos de Galicia.

  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    Modifícase a composición da Comisión Galega de Control da Violencia, artigo 4, para contar, na Comisión, coa participación de persoas de recoñecido prestixio no ámbito dos clubs deportivos de Galicia, colectivo moi numeroso e de grande importancia no armazón do deporte galego. A persoa titular do órgano superior da Administración autonómica competente en materia de deporte fará a designación de acordo a criterios como o número de licenzas, tradición, antigüidade e repercusión social das entidades ás que pertenzan as persoas nomeadas.

  • Obxectivos:

    Modificar o Decreto 63/2018, do 31 de maio, polo que se regula a composición e funcionamento da Comisión Galega de Control da Violencia e o procedemento sancionador na materia.

  • Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

    A día de hoxe soamente se contempla como solución a modificación do Decreto.

  • Rango da norma:

    Decreto