Decreto polo que se modifica o Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local

Órgano ou entidade impulsora: Academia Galega de Seguridade Pública

Departamento: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza - Academia Galega de Seguridade Pública

Estado actual: Consulta pechada

Prazo no que estivo aberta a consulta: 03/09/2018 - 25/09/2018

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local.

  • Problemas que se pretenden solucionar:

    Actualización e adaptación do Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local.

  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    Modificación para unha mellora na xestión da norma.

  • Obxectivos:

    Modificación para unha mellora na xestión da norma na prestación da asistencia aos concellos.

  • Rango da norma:

    Decreto