Valedor do Pobo / Comisionado da Transparencia

O artigo 32 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno crea a figura do Comisionado da Transparencia e atribúelle as súas funcións ao Valedor do Pobo.

O Comisionado da Transparencia

O Comisionado da Transparencia constitúese coma un órgano independente de control no cumprimento das obrigas comprendidas no Título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno por parte dos suxeitos incluídos no seu ámbito de aplicación.

O Comisionado da Transparencia ten encomendadas as seguintes funcións:

  1. Responder a las consultas que, con carácter facultativo, le sean formuladas por los sujetos incluidos en el ámbito de aplicación de la Ley 1/2016, de 18 de enero, de transparencia y buen gobierno.
  2. Adoptar recomendaciones para el mejor cumplimiento de las obligaciones legales en materia de transparencia y buen gobierno, oída la Comisión de la Transparencia.
  3. Asesorar en materia de transparencia del derecho de acceso a la información pública y buen gobierno.
  4. Emitir informe, con carácter previo a su aprobación, sobre proyectos de ley o de reglamentos en materia de transparencia y buen gobierno, oída la Comisión de la Transparencia.
  5. Efectuar, a iniciativa propia o a causa de denuncia, requerimientos para la subsanación de los incumplimientos que pudieran producirse de las obligaciones establecidas en materia de publicidad activa previstas en la presente ley.
  6. Aquellas otras funciones que le sean atribuidas por una norma legal.

A Comisión da Transparencia

O artigo 33 da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno crea a Comisión da Transparencia como órgano colexiado independente adscrito ao Valedor do Pobo.

A Comisión da Transparencia compoñerase dos seguintes membros:

  1. Presidente ou presidenta: o valedor ou a valedora do pobo.
  2. Vicepresidente ou vicepresidenta: o adxunto ou a adxunta á institución do Valedor do Pobo.
  3. Vogais: unha persoa representante da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación da Xunta de Galicia, unha persoa representante do Consello Consultivo de Galicia, unha persoa representante do Consello de Contas e unha persoa representante da Federación Galega de Municipios e Provincias.

A Comisión da Transparencia é o órgano independente ao que lle corresponde a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro. No caso de empate, o presidente ou presidenta terá voto dirimente.

L

Ligazóns relacionadas

Resultoulle útil a información?